O grupo Galego ASTAROT procedente de Cangas do Morrazo fúndase no ano 1983 por catro rapaces dispostos a tocar versións Heavys nos locales que daquela eran cuna do Rock na comarca , moitos deles con nomes cambiados ou incluso inexistentes a dia de hoxe .

Poucos meses duraría a formación inicial , quedando solo o seu guitarrista é fundador Carlos Gandón . En 1984 entran no grupo Wes (voz) , Carlos Rodal (Baixo) e Lilo (batería) e o grupo comeza a tocar con unha formación estable por toda a comarca do Morrazo e Vigo en múltiples salas e festivais , destacando entre elas unha das actuacións na mítica e hoxe en dia desaparecida sala Saturno 3 co grupo Hamlet , enchendo o aforo do local con un concerto inolvidable para a banda .
Logo desa primeira toma de contacto co público e de grabar diversas maquetas xa con temas propios , hai diferentes puntos de vista entre Wes e a banda e éste decide seguir o seu camiño por outro lado fundando con outros músicos unha banda chamada Atraco . Por outro lado o grupo segue a súa traxectoria de concertos uníndose a eles un novo vocalista Mandi , o guitarra Mauro Valladares e Lilo marcharía deixándo libre o posto tras os timbales que ocuparía Tebi .
Xa coa banda estabilizada e con unha boa tempada de concertos as súas espaldas , deciden preparar o seu primeiro disco en estudio que grabarían en 1988 nos estudios Musitrón de Madrid baixo a producción de Alfredo Garrido . En 1990 lanzan o vinilo baixo o nome de “Donde se Hospeda el Pasado” que foi moi ben aceptado polos medios e revistas especializadas daquela época dende diversos puntos do panorama estatal (O Pirata , Carlos Pina , Mariano García , HeavyRock , Metalhammer , etc ) . Cabe destacar entre os temas do disco mais coñecidos “Alma de Rock” ou “Estando Lejos” . A formación que grabaría éste disco sería Mandi , Carlos Gandón , Carlos Rodal , Mauro Valladares e Tebi .
Chegada unha nova década ó pouco de sacar o disco , Astarot queda finalista do concurso Pop-Rock Gordons organizado pola cadena 40 principales celebrado na Discoteca Oh (Madrid) donde un total de setecentos grupos se presentaron e solo seis deles conseguiron chegar ata a final . Esto beneficiaríalles en canto a actuacións en medios de comunicación entre elas tocar no programa de moda daquela época en Tele 5 chamado “La quinta marcha” .
Volta a Galicia e a seguir traballando , pero dous dos compoñentes , Mauro e Mandi , deciden abandoar o barco e así poder formar outra banda con un novo estilo . No seu lugar entrarían Pedro Conde á voz , Chema Vazquez á guitarra e incorporaríase por primeira vez un teclista Tony Vazquez .
Despois de traballar duro no local de ensaio cos novos compoñentes , Astarot está preparado para grabar o seu segundo traballo en estudio que lanzarían co nome de “Respirando” , ésta vez grabado en Galicia nos estudios Cormorán de Padrón producido por Jose Manuel Tasende e o propio grupo . Un disco que conta con cancións cañeras como “Hoy as aprendido a no quejarte” e con grandes baladas recoñecidas hoxe en dia no panorama Heavy estatal como “Necesito perderte” ou “Reina solitaria” . Con este disco volven á carretera , ésta vez por diversos puntos da xeografía española e incluso chegando a actuar nalgún concerto no norte de Portugal . Nesta época a formación sería Pedro Conde , Carlos Gandón , Carlos Rodal , Chema , Tony e Tebi .
Ó finalizar a xira de concertos de presentación do segundo traballo Pedro Conde e Chema abandonan a banda e o grupo volve a quedar sin guitarra e sin voz , pero por pouco tempo xa que volvería as súas filas o seu primeiro vocalista Wes e Patxi entraría no posto vacante ás seis cordas ….. con mais forza ca nunca sacarían o seu terceiro disco “Apuesta y Gana” en 1996 tamén grabado nos estudios Cormorán . Con éste disco a traxectoria do grupo daría un xiro determinante musicalmente , xa que por primeira vez incluirían no CD dous temas cantados en Galego , a súa lingua nai , e sen sabelo , ésto produciríalle a entrada en varios programas televisivos a nivel galego . Un deles “Airiños , airiños , aires” producirían no público galego moita emoción e sentimento hacia o grupo e a súa música e con ésta canción no ano 1998 gañaron o premio ó tema do ano , no Luar da TVG . Tamén cabe dicir que o resto dos temas compostos en lingua castelán deixaría algún que outro clásico do grupo como “Prisionero en en Olvido” entre outros . A formación deste disco sería Wes , Carlos Gandón , Carlos Rodal , Patxi , Tony e Tebi . Pouco despois Patxi abandonaría a formación .
En 1999 lanzan o seu cuarto traballo en estudio “Astarot & The Refrescos” , ésta vez unha proposta do seu productor Alfredo Garrido , un disco compartido co grupo Madrileño e grabado nos estudios Areamaster de Vigo , cantado en Galego na súa totalidade , destacando entre todos os temas “A Santiago Vou” dos Tamara en versión Astarot . A raíz de aquí o grupo comezaría a pisar grandes escenarios e programas televisivos (Castrelos , Estadio de Balaídos , Intercéltico do Morrazo , TVG , etc) destacando unha actuación inolvidable e irrepetible que foi poder escoitar a Milladoiro e Astarot fusionados no 75 aniversario do R.C. Celta de Vigo compartindo escenario con Carlos Santana .
O seu quinto disco Chegaría un ano despois , no ano 2000 , tamén grabado nos estudios Areamaster de Vigo . Baixo o nome de “O Sentir Dunha Terra” sin duda sería o traballo que daría a consagración definitiva ó grupo , facendo nel un homenaxe importante á cultura musical Galega , rocanrrolizándoa sin límites . Éste disco conta con grandes colaboracións como Susana Seivane , Fuxan os ventos , Javi (Heredeiros da Crus , Jabon Blue) , Saraibas , Xocas …..con temas como “Lela” ou “Sementeira” entre outros que fai que o disco sexa a xoia por antonomasia de Astarot que daquela xa levaba cerca de 17 anos na carretera . Automáticamente despois de lanzar o disco métense de cheo nunha xira galega con multitude de concertos e actuacións na que percorren toda a comunidade . A formación deste disco sería Wes ,Carlos Gandón , Carlos Rodal , Tony e Tebi .
O seu último traballo ata o de agora é “Longa Noite de Pedra” do ano 2005 que foi grabado nos seus propios estudios en Cangas do Morrazo polo seu guitarra Carlos Gandón . É un disco de culto ós poetas galegos a través da música , con poemas de Rosalía de Castro , Cúrros Enriquez , Celso Emilio Ferreiro , Baldomero Iglesias , Bernardino Graña , Méndez Ferrín , Darío Xoán Cabana …… coa composición musical de Astarot , como por exemplo “Cantan os Galos pro Día” entre outros . Éste disco tamén lle volve dar a oportunidade de volver a percorrer todo o teritorio galego con infinidade de concertos e galas , solos ou acompañados de outros artistas recoñecidos do panorama musical .
No ano 2008 Tebi abandona o grupo despois de 20 anos tras os timbales deixándo o posto bacante que cubriría Jose e o grupo segue ofrecendo o seu espectáculo por toda a xeografía galega .
ASTAROT son :
Wes : Voz
Carlos Gandón : Guitarras e voces
Carlos Rodal : Baixo
Tony : Teclados e voces
Jose : Batería



























